Imagen2

Imagen40

Extraescolares

extras

Campamento

Imagen60

Martes, 09 Abril 2019 00:00

XVI Xornadas Deportivas María Ferreira, Día da Saúde Destacado

O vindeiro venres, 12 de abril, levaremos a cabo no noso centro as “XVI Xornadas Deportivas María Ferreira, Día da Saúde”, coa celebración de actividades lúdico-deportivas, así como dunha MERENDA SAUDABLE na hora do recreo. Estas serán proporcionadas polo centro e sufragados os gastos pola ANPA. Neste día o alumnado non debe traer merenda da casa e ademais suspéndese o servizo de merendas dos alumnos/as do centro.

Como sabedes é unha xornada de Portas Abertas para as/os nais/pais que contará coas seguintes actividades:

Este ano , como novidade, os nenos/as levarán os dorsais para casa o xoves 11 de abril. Os pais/nais que participedes nas actividades lúdico-deportivas deberedes traer os dorsais colocados dende casa.

9:10 – 9:25 Os/as pais/nais que asistan ás xornadas deberán seguir as instrucións dos profesores encargados do aparcadoiro e deixar os coches debidamente estacionados, evitando atascos innecesarios. Deixaremos libre un carril de circulación para os servizos de comedor e mensaxería.

Todos os pais/nais que cheguen fóra deste horario poderán acceder ao centro, deixando o coche fóra do recinto escolar.

9:30    Os pais/nais poderán ver unha exposición de traballos de Educación Física, así como as fotos de recordo das anteriores edicións destas xornadas.

9:55    Actividades deportivas dos nenos de Educación Infantil e Educación Primaria, e os seus pais/nais, titores/as.

            Os/as alumnos/as de Educación Infantil, e 1º e 2º de Ed. Primaria, despois dos xogos cos seus pais/nais, baixarán ao patio co seu mestre, onde seguirán realizando actividades deportivas e xogos tradicionais para eles.

Os/as alumnos/as de 1º e 2º de ESO recibirán unha charla co adestrador da selección española de Ximnasia Acrobática, Jorge Méndez.

11:15 – 12:00 Merenda saudable e sesión de zumba para todos no patio.

12:00 No Pavillón, charla – coloquio, para pais e alumnos, de Javier Luque, policía local e fundador de “Discamino”

13:30 Realizaremos unha diver-carrera arredor do colexio.

Durante estas xornadas non estará permitido o uso do teléfono móbil nin cámaras, xa que é unha norma do centro, e sería un mal exemplo para o alumnado. Na páxina web do centro estarán as fotos realizadas durante toda esta xornada.

Este día é imprescindible que todos os alumnos/as traian o chándal e a camiseta do colexio e os pais que participan nos xogos ou na diver-carrera, roupa deportiva e cómoda para facer exercicio.

Lembrade que son xornadas deportivas, pero non COMPETITIVAS, pensadas para desfrutar xuntos, e transmitirlles aos rapaces valores como a cooperación, esforzo e tolerancia.