Imagen2

Imagen40

Extraescolares

extras

Campamento

Imagen60

Viernes, 03 Mayo 2019 00:00

Saída ao Kiriko de 6º de Educación Infantil, 2º e 4º de Primaria Destacado

Os alumnos e alumnas de 6º de Educación Infantil (5 anos), 2º e 4º de Primaria terán a saída á Granxa Escola O Kiriko o vindeiro luns 6 de maio.

Nesta saída realizaranse distintos talleres e actividades que buscan ser motivadoras para os alumnos e proporcionarlles ademais toda unha serie de contidos relacionados co rural, o medio natural e coa adquisición de valores implicados na convivencia, no traballo en equipo, na colaboración e no respecto. Ofrécelles a posibilidade de desfrutar dunha estancia diferente fora de casa, de convivir e de entrar en contacto directo cos animais da granxa, de coñecer as plantas e desfrutar de estar en contacto pleno coa natureza e de desenrolar habilidades tanto sociais como individuais.

Os alumnos e alumnas de 6º de Educación Infantil (5 anos) e 2º de Primaria regresarán o martes 7 de maio ás 17:30 e os de 4º de Primaria o farán o mércores 8 de maio tamén ás 17:30