Imagen2

Imagen40

Extraescolares

extras

Campamento

Imagen60

Usted está aquí:Inicio>Circulares>Contido Xeral>Saída á granxa escola musical "Corazón de Carballo" dos/as alumnos/as de 4º e 5º de Educación Infantil (3 e 4 anos) e 1º de Primaria
Miércoles, 15 Mayo 2019 00:00

Saída á granxa escola musical "Corazón de Carballo" dos/as alumnos/as de 4º e 5º de Educación Infantil (3 e 4 anos) e 1º de Primaria Destacado

Estimadas familias:

Pola presente comunicámoslles que coma todos os anos realizaremos unha saída lúdico-didáctica durante todo o día.

Este ano, o luns 27 de maio a saída para os alumnos/as de 4º e 5º de Educación Infantil (3 e 4 anos) e 1º de Primaria realizarase a granxa escola musical “Corazón de Carballo”.

A visita inclúe un xogo dinámico e didáctico que percorre todas as áreas da granxa. Todos/as participarán durante o recorrido en pequenas labores e actividades propias da granxa e realizarán o taller de “MusicArte”, co que emprenderán unha viaxe polo mundo coñecendo diferentes músicas e expresións artísticas de cada lugar e experimentarán con diversos instrumentos, sons, ritmos, bailes, cantos, técnicas artísticas e un montón de cousas máis!

O horario de chegada é ás 17:30 h. Rogamos puntualidade tanto na entrada como na recollida.

O coste destas actividades así coma o xantar e a merenda de mañá ascende a 22,00 € por neno/a.

Se vostedes desexan que o seu fillo ou filla participe en dita actividade pregámoslles envíen cumprimentado o impreso adxunto confirmando a súa asistencia, sendo o último día para entregalo o mércores 22 de maio así coma o importe en efectivo (22,00 €) e como calquera detalle que vostedes consideran de interese (alerxias, medicación, etc.) e que debamos coñecer.

Deberán levar calzado cerrado (tenis ou zapatos). Non teñen que levar o chándal e a camiseta do centro, e non é preciso que leven mochila.