Imagen2

Imagen40

Extraescolares

extras

Campamento

Imagen60

Usted está aquí:Inicio>Circulares>Contido Xeral>Fondo solidario de libros de texto, axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2019/2020
Martes, 21 Mayo 2019 00:00

Fondo solidario de libros de texto, axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2019/2020 Destacado

Pola presente informámolos que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria por Orde do 3 de maio de 2019 regula a participación no fondo solidario de libros de texto e convoca axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Ed. Primaria, Ed. Secundaria Obrigatoria e Educación Especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019/2020 (DOG de 20 de maio de 2019) (Códido de procedemento ED330B)

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO:

Para o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria, e en 1º, 2º, 3º e 4º de Ed. Secundaria Obrigatoria.

A asignación de libros de texto do fondo realizarase por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO:

A contía da axuda para adquirir libros de texto será a seguinte para o alumnado matriculado en 1º e 2º de Ed. Primaria:

  1. Para o alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €: 170 €

  2. Para o alumnado con renda per cápita familiar superior a 5.400 € e igual ou inferior a 9.000 € : 90 €

    Para o alumnado matriculado en EE a contía das axudas será de 250 €.

    AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR:

    A contía da axuda para adquirir material escolar destinado o alumnado matriculado en Ed. Primaria e en Ed. Secundaria Obrigatoria con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 € será de 50 €.

    O alumnado de Educación Especial será beneficiario desta axuda con independencia da renda.

    RENDA PER CÁPITA DA UNIDADE FAMILIAR

    A renda per cápita familiar é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2017 entre o número de membros computables, tendo en conta que computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33% ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez, ou a equivalente de clases pasivas.

    A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza. Cando presentase declaración do imposto sobre a renda no exercicio fiscal 2017, sumaranse os recadros 415 (base impoñible xeral) e 435 (base impoñible do aforro); cando non a presentase, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

    MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR

    Para os efectos desta orde, terán a consideración de membros computables da unidade familiar:

  1. Os pais non separados legalmente nin divorciados.

  2. Os/as fillos/as menores de idade con excepción dos emancipados

  3. Os fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

  4. Os/as fillos/as solteiros/as menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar.

  5. Os proxenitores separados legalmente ou divorciados con custodia compartida forman unha unidade familiar cos fillos que teñen en común.

  6. A persoa que, por novo matrimonio ou por convivencia en situación de unión de feito ou análoga, viva no domicilio familiar coa persoa proxenitora do/da alumno/a, agás nos casos de custodia compartida.

    Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os descendentes que convivan con eles e que reúnan os requisitos do punto anterior.

    Non terá a consideración de membro computable a persoa proxenitora que non conviva co alumnado nos casos de separación legal ou divorcio, agás no caso de custodia compartida.

    En todo caso, terase en conta a situación persoal e a composición da unidade familiar en 31 de decembro de 2017.

    OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS

    As persoas beneficiaria de libros procedentes do fondo solidario do centro ou de axudas para adquirir libros de texto terán, entre outras, as seguintes obrigas:

  1. Devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2018/19 (Está excluído desta obriga o alumnado beneficiario de axuda para adquirir libros de texto de 1º e 2º de EP e o alumnado de EE)

  2. Conservar en bo estado os libros de texto e o material reutilizable recibido do fondo solidario ou adquirido coas axudas para libros de texto no curso escolar 2019/2020 e devolvelos ao rematar este, en xuño ou setembro, segundo o caso.

    PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

  • Poderán presentar solicitudes os pais, nais , titores ou representantes legais do alumnado.

  • A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2019/20, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no dito curso.

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na apliación informática “fondolibros” (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

    Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes.

    Este formulario (Anexo I) tamén estará dispoñible no portal educativo, enderezo http:www.edu.xunta.gal ou nas dependencias das xefaturas territoriais da consellería competente en materia de educación.

  • A solicitude deberá estar asinada polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumnado.

    DOCUMENTACIÓN

    As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

  1. Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar)

  2. Copia do Libro de Familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2017, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algúns dos seguintes medios:

    • Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou convenio regulador

    • Certificado ou volante de convivencia

    • Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

  3. Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia

    PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES

    O prazo para a presentación de solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2019.

Recomendamos que sexan entregadas á maior brevidade para a súa revisión.