Imagen2

Imagen40

Extraescolares

extras

Campamento

Imagen60

Jueves, 12 Marzo 2020 00:00

Suspensión das clases Destacado

Dende o luns 16 de marzo todos os centros educativos galegos permanecerán pechados en todos os niveis educativos durante catorce días. A Xunta de Galicia tomou esta decisión como medida preventiva frente o avance do coronavirus.

O Goberno autonómico recomenda non asistir mañán ás clases aínda que o centro educativo permanecerá aberto para aquelas familias que o precisen, incluídos os servizos de aula matinal, comedor e aula sobremesa para os usuarios habituais.

Os/as nenos/as levarán hoxe o boletín de notas correspondente á 2ª avaliación.

Quedan tamén suspendidas todas as actividades extraescolares, incluída a de piscina organizada pola ANPA, a partir de mañán.

A esta hora aínda non temos instrucións oficiais polo que non podemos dar máis indicacións polo momento. Solicitamos tranquilidade e que estedes atentos ás comunicacións que vos iremos enviando nos vindeiros días.