Imagen2

Imagen40

Extraescolares

extras

Campamento

Imagen60

E. Primaria

E. Primaria (39)

O vindeiro martes 15 de outubro, os alumnos/as de 3º e 4º de Ed. Primaria terán unha saída ao Grove, en horario de mañá, onde visitarán o acuario e viaxarán en catamarán.

O horario de saída é ás 8:30. Rogamos puntualidade.

O custe desta actividade ascende a 13,00 € que serán entregados ao titor/a como último día o venres 11 de outubro, xunto coa autorización.

Teñen que vir vestidos co chándal e a camiseta do colexio.

O martes 14 de maio os alumnos/as de 5º de Educación Primaria farán unha saída ao Ecoparque Atalaia, onde realizarán as seguintes actividades: unha visita guiada á “Casa do Rural Galego”, paintball infantil e gran prix tirolina.

O horario de saída é ás 9:30 e o de chegada é ás 17:30 h. Rogamos puntualidade tanto na entrada como na recollida.

Cada alumno terá que levar a súa propia comida e bebida.

O mércores 3 de abril os alumnos/as de 3º e 4º de Educación Primaria realizarán unha visita guiada á granxa ecolóxica “Casa Grande de Xanceda”, na Coruña.

Visitarán todas as zonas de interese da granxa: dende os cortellos, pasando pola sala de muxido, a fábrica, a horta...e por suposto coñecerán aos máis pequenos da granxa, os tenreiriños, e ao resto de animais do ecozoo (ovellas, cabras, ponies, porcos...).

O horario de saída é ás 8:15 e o de chegada é ás 17:30 h. Rogamos puntualidade tanto na entrada como na recollida.

Cada alumno terá que levar a súa propia comida e bebida.

Teñen que vir vestidos co chándal e a camiseta do colexio.

 

O martes 26 de febreiro, os/as alumnos/as de 4º de Ed. Primaria acudirán, en horario de mañá, ao Pavillón do CEIP Pena de Francia de Mos, para realizar a segunda parte da Unidade Didáctica de Loita, dentro do programa XOGALOITA.

Deberán levar o chándal e a camiseta do colexio e unha pequena mochila coa merenda.

Pola presente informámoslles que o vindeiro venres 25 de xaneiro, os alumnos/as de 5º e 6º de Ed. Primaria terán unha saída ao Teatro Afundación en Vigo en horario de mañá, para asistir á representación en inglés “TARZÁN”

O prezo da actividade é de 2,00 €, que deberán ser entregados ao titor antes do 23 de xaneiro.

Teñen que vir vestidos co chándal e a camiseta do colexio.

Pola presente informámoslles que o vindeiro xoves 13 de decembro, os alumnos/as de 1º e 2º de Educación Primaria terán unha saída ao Teatro Afundación en Vigo en horario de mañá, para asistir ao espectáculo de títeres “A galiña azul”, premio María Casares a Mellor Espectáculo Infantil 2018 e Premio FETEN a Mellor espectáculo de Títeres 2018

O prezo da actividade é de 2,00 €, que deberán ser entregados ao titor/a como último día o 10 de decembro.

Teñen que vir vestidos co chándal e a camiseta do colexio.

Os alumnos/as de 2º, 3º, 4º E 5º de Educación Primaria participarán nunha actividade denominada “Taller 4 patas”, organizada polo Concello, que se celebrará no centro o día 7 de novembro.

O vindeiro martes 6 de novembro, os alumnos/as de 3º de Ed. Primaria terán unha saída ao Centro Hípico “Alazán” en Mos en horario de mañá.

O prezo da actividade é de 3,00 €, que será entregado ao titor como último día o venres 2 de novembro.

Teñen que vir vestidos co chándal e a camiseta do colexio.

O vindeiro luns 29 de outubro os alumnos/as de 3º EP a 6º EP realizarán un obradoiro de calacús. Cada curso será organizado polo seu titor/a en grupos, e cada grupo deberá traer: calacú e culler, así como materiais para a súa decoración.

Aqueles alumnos/as que o desexen poderán traer unha camiseta vella, para evitar manchar a roupa.

O Concello recollerá as cabazas elaboradas polos alumnos/as o mércores ás 14:00 h para expoñelas nas rúas da vila das 18:00h ás 00:00h. A partir desta hora os/as nenos/nenas, pais/nais, que así o desexen poderían pasar a recuperar as súas cabazas.

Pola presente informámoslles que o vindeiro xoves 25 de outubro os alumnos/as de 5º e 6º de Educación Primaria realizarán, en horario de mañá, unha visita guiada a Cesantes, coa temática “A Enseada de San Simón e a Zona Intermareal. As algas e a flora dunar”.

Durante a visita explicaráselles a formación da Enseada de San Simón, as diferenzas entre as algas vermellas, pardas e verdes, as aves de intermareal, a flora dunar da Punta de San Simón,...

Teñen que vir vestidos co chándal e a camiseta do colexio.

IniciarPrevio123SiguienteFin
Página 1 de 3