Imagen2

Imagen40

Extraescolares

extras

Campamento

Imagen60

Secundaria

Secundaria (23)

O vindeiro martes 15 de outubro, os alumnos/as de Educación Secundaria terán unha saída ao Teatro Afundación en Vigo en horario de mañá, para asistir ao espectáculo “@ ritmo de golpes”, obra de teatro de Percuseve que trata o tema das novas tecnoloxías, unha maneira de facerlles ver e comprender que un uso responsable é moi necesario.

Os encargados da obra de teatro aconsellan que todos os nenos/as que teñan móbil o leven á obra para poder interactuar con eles.

O prezo da actividade é de 2,00 €, que deberán ser entregados ao titor/a como último día o venres 11 de outubro

O martes 7 de maio os alumnos/as de 1º e 2º de ESO realizarán unha visita guiada por Santiago de Compostela, visitando o casco histórico, a Praza do Obradoiro, da Quintana, de Praterías, mercado de abastos,...

O horario de saída é ás 9:30 e o de chegada é ás 18:10 h. Rogamos puntualidade tanto na entrada como na recollida.

Cada alumno terá que levar a súa propia comida e bebida.

Os/as alumnos/as de ESO recibirán un curso teórico- práctico de RCP o próximo mércores 3 de abril no noso centro.

 

Ademáis o venres 5 de abril visitaranos a atleta viguesa Desireé Vila para impartirlles unha charla sobre a súa experiencia e carreira profesional.

 

 

untitled

 

 

Estimadas familias:

Pola presente informámoslles que o xoves día 14 de febreiro os alumnos/as de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO terán a excursión a Manzaneda.

Os alumnos/as teñen que estar no centro ás 7:10.Pedimos puntualidade. A hora prevista de chegada é ás 20:15.

IMPORTANTE

Teñen que levar:

  • Comida e bebida para todo o día

  • Roupa e calzado para cambiarse e unha toalla

  • Crema protectora solar alta

  • Protector labial alto

  • Gafas de sol

  • Tarxeta sanitaria

    Agradecemos o esforzo e a colaboración de todos os pais/nais para que esta actividade poda levarse a cabo

O venres 9 de novembro, os alumnos/as de 3º e 4º ESO terán unha saída ás Canteiras de Atios, en horario de mañá, onde realizarán unha visita guiada.

Deberán levar calzado deportivo ou antideslizante, para evitar esvarar.

Informámoslles que o mércores 7 de novembro, os alumnos/as de 1º e 2º ESO terán unha saída ás Canteiras de Atios, en horario de mañá, onde realizarán unha visita guiada.

Deberán levar calzado deportivo ou antideslizante, para evitar esvarar.

Pola presente comunicámoslles que coma todos os anos no mes de xuño realizaremos unha saída lúdico-didáctica durante todo o día. Este ano, o día 20 de xuño, a saída para os/ alumnos/as de ESO realizarase á praia de Patos, onde realizarán unha actividade de Surf. O horario de saída é ás 9:15 e o de chegada é ás 19:00 h. Rogamos puntualidade tanto na entrada como na recollida. Cada alumno terá que levar a súa propia comida e bebida. Deberán levar protector solar, toalla, bañador ou bikini e chanclas. Esta actividade inclúe clase de surf teórico-práctica e todo o material necesario (táboa de surf, neopreno, etc..) e actividades organizadas na praia por monitores.

O vindeiro venres 11 de maio os alumnos/as de 2º e 3º de ESO asistirán ao IES Pino Manso para participar nun concerto de rap onde interpretarán as cancións elaboradas ao longo do curso.

Esta actividade é o remate dun proxecto escolar no que traballaron a temática da violencia de xénero, nunha iniciativa proposta polo Concello de Porriño.

Pola presente comunicámoslles que o xoves 26 de abril o alumnado de 3º e 4º de ESO realizará unha visita á Casa Museo de Rosalía de Castro, en Padrón.

Despois visitarán, en Santiago, o Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela.

Comerán no Centro Comercial “As Cancelas”, onde cada alumno terá a opción de levar a súa comida ou ben comer nun establecemento.

O horario de chegada ao centro será ás 16:45 h.

Estimadas familias:

Pola presente informámoslles que o xoves 26 de abril, os alumnos/as de 1º e 2º ESO terán unha saída ás Gándaras de Budiño en horario de mañá, onde realizarán unha visita guiada.

IniciarPrevio12SiguienteFin
Página 1 de 2