Imagen2

Imagen40

Extraescolares

extras

Campamento

Imagen60

Usted está aquí:Inicio>Novas
Novas

Novas (28)

Os alumnos de 5º de primaria realizaron diversos modelos de células co fin de aprender cal é a unidade básica estrutural e funcional dos seres vivos. Nelas saliéntanse os seus orgánulos e as diferentes partes, para isto foron utilizados diversos materiais: xelatina, gominolas, froita, froitos secos, lentellas, pasta...
Con esta actividade interdisciplinar na que se combinan as artes plásticas coas ciencias, os alumnos asimilan mellor o que é unha célula, xa que é un concepto abstracto.
Esta actividade acompáñase dunha práctica no laboratorio na que poderán observar co microscopio diversos tipos de células.
Deixamos aquí unha pequena mostra dos traballos.

O equipo de coordinación da  biblioteca do colexio convoca tres concursos para que poida participar aquel alumno que o desexe. Para consultar as bases de cada concurso, e descargar a ficha de inscripción, premer en cada un dos seguintes enlaces.

 

Concurso de fotografía.

 

Concurso de relato curto e poesía.

 

Concurso de cómic.

 

Ficha de inscripción.

Tras toda unha vida adicada ó ensino no noso colexio, o pasado venres 1 de marzo xubilouse a nosa compañeira Rita.

 Foi profe de primaria e secundaria, ademáis tamén ocupou a xefatura de estudos así como a dirección do centro.

 Despois de unha vida de traballo, esforzo e dedicación, desexámoste todo o mellor nesta nova etapa que comezas.

 ¡Querémoste Rita!

 

 7D13764

Co motivo da celebración dos maios, o noso colexio elaborou tres maios para expoñer na praza do concello de Porriño. Queremos agradecer a vosa colaboración co fiuncho, xestas, frores, etc..., e por suposto tamén agradecer á participación dos profesores e alumnas/os.

Na seguinte ligazón podedes ver unha mostra do resultado...maios 2018.

Xúntase enlace á nova circular do Equipo de Biblioteca escolar sobre a participación dalgúns alumnos/as na canle de youtube "Recoméndoche un libro".

https://www.dropbox.com/s/bl29fcx566djqlv/Recom%C3%A9ndoche%20un%20libro.20180430121124.pdf?dl=0&raw=1

IniciarPrevio12SiguienteFin
Página 1 de 2