Imagen2

Imagen40

Extraescolares

extras

Campamento

Imagen60

Usted está aquí:Inicio>Circulares

O vindeiro mércores 29 de xaneiro, os alumnos/as de 5º e 6º de Ed. Primaria terán unha saída ao Teatro Afundación en Vigo en horario de mañá, para asistir á representación en inglés “ALICE´S ADVENTURE”

O venres, 21 de febreiro, imos celebrar o Entroido a nivel interno coma todos os anos. A temática deste curso é de libre elección pero con disfraces feitos de materiais reciclados (teas, plásticos, cartóns, etc.). Baseándonos na regra das 4 R, queremos tratar de reducir a nosa pegada ecolóxica tamén nestas datas de celebracións.

Como todos os anos, ao longo da semana, traeremos os seguintes complementos:

  • Luns 17 de febreiro: unha gravata ou lazo

  • Martes 18 de febreiro: un gorro ou similar

  • Mércores 19 de febreiro: uns lentes

  • Xoves 20 de febreiro: zapatos diferentes

    Durante esta xornada escolar haberá unha entrega de premios aos disfraces máis orixinais e artesanais,bailes, xogos e unha degustación de doces típicos destas datas para acompañar a merenda de todos os días.

Lembrámoslles que as clases darán comezo o vindeiro día 27de febreiro; desexamos pasedes un bo entroido

Estimadas familias:

O martes 28 de xaneiro os alumnos/as de 1º e 2º de ESO terá unha saída lúdico-didáctica aos museos da Coruña.

Visitarán a “Casa das Ciencias”, onde ademais realizarán unha sesión de planetario. Tamén visitarán o “Domus” e o “Aquarium Finisterrae”

O horario de saída é ás 8:15 e o de chegada é ás 19:30 h. Rogamos puntualidade tanto na entrada como na recollida.

Cada alumno deberá levar a súa propia comida e bebida.

O Xoves día 30 de xaneiro, celebrarase o Día Escolar da Paz, a nivel interno, coas seguintes actividades:

  • Breve actuación musical
  • Lectura dun manifesto
  • Recitado de poemas
  • Todos xuntos cantaremos unha canción
  • Solta de pombas, se ese día chove substituirase por un minuto de silencio
  • Palabras de despedida e fin do acto

O xoves 9 de xaneiro, os alumnos/as de 1º e 2º de Educación Primaria terán unha saída ao Teatro Afundación en Vigo en horario de mañá, para asistir ao espectáculo “A nena e o grilo”

 

Por undécimo ano consecutivo realizamos a recollida de alimentos para as familias da zona con escasos recursos e que serán repartidos entre Cáritas e o Banco de Alimento do Porriño.

Este ano pídese especialmente leite, azucre, cacao soluble, aceite e conservas de pescado e carne, potitos para bebés, ademais dos produtos habituais non perecedoiros (arroz, lentellas, pasta,…). A maiores tamén son necesarios produtos de aseo persoal: xel, champú, pasta de dentes, compresas, cueiros (pañales)...

Poderán ser entregados na semana do 9 ao 13 de decembro.

Cremos que esta é unha forma de concienciar aos nenos/as da situación desfavorecida que padecen moitas familias do noso entorno. Con este pequeno xesto os rapaces/as aprenden a compartir e a valorar o que teñen, á vez que contribúen a aliviar un pouco a precariedade na que viven moitas persoas.

Sen máis, agradecemos por anticipado a súa colaboración solidaria.

Do 9 ao 13 de decembro farase unha recollida de alimentos non perecedoiros para Cáritas e SOS Porriño, en solidariedade con aquelas familias que atravesan unha mala situación económica.

O mércores día 18 o alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º Educación Primaria terán a tradicional “Merendola”. Estes alumnos/as deberán traer un produto (galletas, froitos secos, turrón...) para compartir cos seus compañeiros e unha bebida.

O xoves día 19 celebraremos, en horario de mañá e para todo o alumnado do Centro, o Festival de Nadal (O Festival para os pais celebrarémolo pola tarde). Os/as alumnos/as virán coa vestimenta indicada para o festival pero sen maquillar. Ao finalizar o festival haberá reparto de caramelos por parte das SSMM os Reis Magos de Oriente e a visita da fada real.

Nesta xornada o centro agasallará a todos os/as alumnos/as cun chocolate con churros. Continuando co noso compromiso de minimizar residuos todos/as os alumnos/as, neste día, deberán traer da casa un vaso ou taza (salvo os de Educación Infantil e 2º de Primaria que xa o teñen na aula)

Nesta xornada non haberá actividades extraescolares.

O venres día 20 o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º Educación Primaria terán a tradicional “Merendola”. Estes alumnos/as deberán traer un produto (galletas, froitos secos, turrón...) para compartir cos seus compañeiros e unha bebida.

Os/as alumnos/as de 1º e 2º ESO terán tamén a “Merendola”.

Os alumnos/as de 3º e 4º da ESO, celebrarán a súa “Festa de Fin de Ano” onde virán vestidos para a ocasión e desfrutarán da degustación de aperitivos e as tradicionais “badaladas”. Deberán traer cada un 12 uvas ou lacasitos, conguitos, gominolas... (o que cada un desexe para celebrar xuntos as badaladas.

Lembrarlles que este día non haberá servizo de comedor, nin servizo de merendas, nin actividades extraescolares.

Entregarase os/as alumnos/as o boletín de notas correspondente á primeira avaliación.

O mércores 8 de xaneiro incorporarémonos ás clases.

Queremos agradecer a continúa colaboración na recollida de tapóns de plástico, que está a levar a cabo a FUNDACIÓN SEUR, a que grazas a colaboración das familias e a ilusión dos nenos por colaborar, continuamos xuntando tapóns solidarios.

Bo Nadal e mellor Ano.

O vindeiro venres día 8 (sempre que o tempo o permita), celebraremos o Magosto. Os nenos/nenas deberán traer un puñado de castañas picadas, para evitar que estoupen, e algo de leña.

Este ano celebraremos o “II Concurso de Postres do Outono”, no que podederán participar as familias que o desexen, aportando postres no día do Magosto. Un xurado formado por pais/nais do centro premiará ó mellor reposteiro/a.

O mesmo día celebraremos xogos cooperativos para os pequenos/as, e unha carreira solidaria para os/as maiores. Todos/as deberán traer o chándal do colexio.

Pola presente queremos lembrarlles que o vindeiro xoves 31 de outubro é o Día do Ensino e ten a consideración de non lectivo, polo que non haberá clase.

O alumnado de 4º ESO, co gallo da celebración de Samaín, realizou un escalofriante Túnel do terror.

Todos os alumnos/as que o desexen poderán visitalo o mércores 30 de outubro, en quendas, a partir das 12:00 horas.

Página 1 de 12