Imagen2

Imagen40

Extraescolares

extras

Campamento

Imagen60

Contido Xeral

Contido Xeral (72)

Por undécimo ano consecutivo realizamos a recollida de alimentos para as familias da zona con escasos recursos e que serán repartidos entre Cáritas e o Banco de Alimento do Porriño.

Este ano pídese especialmente leite, azucre, cacao soluble, aceite e conservas de pescado e carne, potitos para bebés, ademais dos produtos habituais non perecedoiros (arroz, lentellas, pasta,…). A maiores tamén son necesarios produtos de aseo persoal: xel, champú, pasta de dentes, compresas, cueiros (pañales)...

Poderán ser entregados na semana do 9 ao 13 de decembro.

Cremos que esta é unha forma de concienciar aos nenos/as da situación desfavorecida que padecen moitas familias do noso entorno. Con este pequeno xesto os rapaces/as aprenden a compartir e a valorar o que teñen, á vez que contribúen a aliviar un pouco a precariedade na que viven moitas persoas.

Sen máis, agradecemos por anticipado a súa colaboración solidaria.

Do 9 ao 13 de decembro farase unha recollida de alimentos non perecedoiros para Cáritas e SOS Porriño, en solidariedade con aquelas familias que atravesan unha mala situación económica.

O mércores día 18 o alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º Educación Primaria terán a tradicional “Merendola”. Estes alumnos/as deberán traer un produto (galletas, froitos secos, turrón...) para compartir cos seus compañeiros e unha bebida.

O xoves día 19 celebraremos, en horario de mañá e para todo o alumnado do Centro, o Festival de Nadal (O Festival para os pais celebrarémolo pola tarde). Os/as alumnos/as virán coa vestimenta indicada para o festival pero sen maquillar. Ao finalizar o festival haberá reparto de caramelos por parte das SSMM os Reis Magos de Oriente e a visita da fada real.

Nesta xornada o centro agasallará a todos os/as alumnos/as cun chocolate con churros. Continuando co noso compromiso de minimizar residuos todos/as os alumnos/as, neste día, deberán traer da casa un vaso ou taza (salvo os de Educación Infantil e 2º de Primaria que xa o teñen na aula)

Nesta xornada non haberá actividades extraescolares.

O venres día 20 o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º Educación Primaria terán a tradicional “Merendola”. Estes alumnos/as deberán traer un produto (galletas, froitos secos, turrón...) para compartir cos seus compañeiros e unha bebida.

Os/as alumnos/as de 1º e 2º ESO terán tamén a “Merendola”.

Os alumnos/as de 3º e 4º da ESO, celebrarán a súa “Festa de Fin de Ano” onde virán vestidos para a ocasión e desfrutarán da degustación de aperitivos e as tradicionais “badaladas”. Deberán traer cada un 12 uvas ou lacasitos, conguitos, gominolas... (o que cada un desexe para celebrar xuntos as badaladas.

Lembrarlles que este día non haberá servizo de comedor, nin servizo de merendas, nin actividades extraescolares.

Entregarase os/as alumnos/as o boletín de notas correspondente á primeira avaliación.

O mércores 8 de xaneiro incorporarémonos ás clases.

Queremos agradecer a continúa colaboración na recollida de tapóns de plástico, que está a levar a cabo a FUNDACIÓN SEUR, a que grazas a colaboración das familias e a ilusión dos nenos por colaborar, continuamos xuntando tapóns solidarios.

Bo Nadal e mellor Ano.

O vindeiro venres día 8 (sempre que o tempo o permita), celebraremos o Magosto. Os nenos/nenas deberán traer un puñado de castañas picadas, para evitar que estoupen, e algo de leña.

Este ano celebraremos o “II Concurso de Postres do Outono”, no que podederán participar as familias que o desexen, aportando postres no día do Magosto. Un xurado formado por pais/nais do centro premiará ó mellor reposteiro/a.

O mesmo día celebraremos xogos cooperativos para os pequenos/as, e unha carreira solidaria para os/as maiores. Todos/as deberán traer o chándal do colexio.

Pola presente queremos lembrarlles que o vindeiro xoves 31 de outubro é o Día do Ensino e ten a consideración de non lectivo, polo que non haberá clase.

O alumnado de 4º ESO, co gallo da celebración de Samaín, realizou un escalofriante Túnel do terror.

Todos os alumnos/as que o desexen poderán visitalo o mércores 30 de outubro, en quendas, a partir das 12:00 horas.

O vindeiro luns 28 de outubro os alumnos/as de 3º EP a 6º EP realizarán un obradoiro de calacús. Cada curso será organizado polo seu titor/a en grupos, e cada grupo deberá traer: calacú e culler, así como materiais para a súa decoración.

Aqueles alumnos/as que o desexen poderán traer unha camiseta vella, para evitar manchar a roupa.

O Concello recollerá as cabazas elaboradas polos alumnos/as o mércores ás 11:00 h para expoñelas nas rúas da vila das 18:00h ás 00:00h. A partir desta hora os/as nenos/nenas, pais/nais, que así o desexen poderían pasar a recuperar as súas cabazas.

  

O luns 7 de outubro os alumnos/as de 3º e 4º de ESO realizarán unha visita guiada ao parque eólico experimental Sotavento na provincia de Lugo.

O horario de saída é ás 8:15 e o de chegada é ás 18:30 h. Rogamos puntualidade tanto na entrada como na recollida.

Cada alumno terá que levar a merenda de media mañá e a súa propia comida e bebida.

O custe desta actividade ascende a 2,00 € que serán entregados ao titor/a como último día o venres 4 de outubro, xunto coa autorización.

 

 

Pola presente informámoslles que o vindeiro martes 1 de outubro, en horario de mañá, os/as alumnos/as de 6º de Ed. Primaria acudirán a una xornada de igualdade nos laboratorios do Centro de Investigacións Biomédicas da Universidade de Vigo (CINBIO).

Esta saída ten como finalidade a transmisión de valores igualitarios entre o alumnado, ademais de fomentar a normalización e visualización do papel da muller na ciencia.

Os obxectivos da xornada son o acercamento da ciencia @s nen@s da contorna do CINBIO e a transmisión de valores igualitarios entre o alumnado a través de diferentes talleres nos que poderán descubrir como funciona unha vacina, como sintetizar nanopartículas e a súa aplicación no mundo cotiá, como traballar con microscosopios, etc.

Non é preciso levar merenda xa que nos será ofrecida unha charla sobre nutrición que estará acompañada pola elaboración dun almorzo saudable.

Deberán vir vestidos coa camiseta e o chándal do colexio.

Este ano celebramos a I Semana da Ciencia no Colexio Santo Tomás.

Pretendemos que os nosos alumnos/as teñan unha visión da Ciencia máis cercana, lúdica e participativa.

Realizaranse diferentes talleres e actividades nos que participarán todos os cursos do cole.

Ademais contaremos coa participación de José Benito Vázquez Dorrío, profesor de Física na Escola de minas da Universidade de Vigo e gañador do 1º Premio do certame Ciencia en acción 2018, que realizará un taller de Física “divertida” cos alumnos/as de 3º e 4º ESO.

Pola presente informámolos que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria por Orde do 3 de maio de 2019 regula a participación no fondo solidario de libros de texto e convoca axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Ed. Primaria, Ed. Secundaria Obrigatoria e Educación Especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019/2020 (DOG de 20 de maio de 2019) (Códido de procedemento ED330B)

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO:

Para o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria, e en 1º, 2º, 3º e 4º de Ed. Secundaria Obrigatoria.

A asignación de libros de texto do fondo realizarase por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO:

A contía da axuda para adquirir libros de texto será a seguinte para o alumnado matriculado en 1º e 2º de Ed. Primaria:

  1. Para o alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €: 170 €

  2. Para o alumnado con renda per cápita familiar superior a 5.400 € e igual ou inferior a 9.000 € : 90 €

    Para o alumnado matriculado en EE a contía das axudas será de 250 €.

    AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR:

    A contía da axuda para adquirir material escolar destinado o alumnado matriculado en Ed. Primaria e en Ed. Secundaria Obrigatoria con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 € será de 50 €.

    O alumnado de Educación Especial será beneficiario desta axuda con independencia da renda.

    RENDA PER CÁPITA DA UNIDADE FAMILIAR

    A renda per cápita familiar é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2017 entre o número de membros computables, tendo en conta que computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33% ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez, ou a equivalente de clases pasivas.

    A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza. Cando presentase declaración do imposto sobre a renda no exercicio fiscal 2017, sumaranse os recadros 415 (base impoñible xeral) e 435 (base impoñible do aforro); cando non a presentase, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

    MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR

    Para os efectos desta orde, terán a consideración de membros computables da unidade familiar:

  1. Os pais non separados legalmente nin divorciados.

  2. Os/as fillos/as menores de idade con excepción dos emancipados

  3. Os fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

  4. Os/as fillos/as solteiros/as menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar.

  5. Os proxenitores separados legalmente ou divorciados con custodia compartida forman unha unidade familiar cos fillos que teñen en común.

  6. A persoa que, por novo matrimonio ou por convivencia en situación de unión de feito ou análoga, viva no domicilio familiar coa persoa proxenitora do/da alumno/a, agás nos casos de custodia compartida.

    Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os descendentes que convivan con eles e que reúnan os requisitos do punto anterior.

    Non terá a consideración de membro computable a persoa proxenitora que non conviva co alumnado nos casos de separación legal ou divorcio, agás no caso de custodia compartida.

    En todo caso, terase en conta a situación persoal e a composición da unidade familiar en 31 de decembro de 2017.

    OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS

    As persoas beneficiaria de libros procedentes do fondo solidario do centro ou de axudas para adquirir libros de texto terán, entre outras, as seguintes obrigas:

  1. Devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2018/19 (Está excluído desta obriga o alumnado beneficiario de axuda para adquirir libros de texto de 1º e 2º de EP e o alumnado de EE)

  2. Conservar en bo estado os libros de texto e o material reutilizable recibido do fondo solidario ou adquirido coas axudas para libros de texto no curso escolar 2019/2020 e devolvelos ao rematar este, en xuño ou setembro, segundo o caso.

    PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

  • Poderán presentar solicitudes os pais, nais , titores ou representantes legais do alumnado.

  • A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2019/20, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no dito curso.

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na apliación informática “fondolibros” (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

    Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes.

    Este formulario (Anexo I) tamén estará dispoñible no portal educativo, enderezo http:www.edu.xunta.gal ou nas dependencias das xefaturas territoriais da consellería competente en materia de educación.

  • A solicitude deberá estar asinada polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumnado.

    DOCUMENTACIÓN

    As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

  1. Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar)

  2. Copia do Libro de Familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2017, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algúns dos seguintes medios:

    • Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou convenio regulador

    • Certificado ou volante de convivencia

    • Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

  3. Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia

    PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES

    O prazo para a presentación de solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2019.

Recomendamos que sexan entregadas á maior brevidade para a súa revisión.

IniciarPrevio123456SiguienteFin
Página 1 de 6