Imagen2

Imagen40

Extraescolares

extras

Campamento

Imagen60

Contido Xeral

Contido Xeral (74)

O vindeiro venres, 12 de abril, levaremos a cabo no noso centro as “XVI Xornadas Deportivas María Ferreira, Día da Saúde”, coa celebración de actividades lúdico-deportivas, así como dunha MERENDA SAUDABLE na hora do recreo. Estas serán proporcionadas polo centro e sufragados os gastos pola ANPA. Neste día o alumnado non debe traer merenda da casa e ademais suspéndese o servizo de merendas dos alumnos/as do centro.

Como sabedes é unha xornada de Portas Abertas para as/os nais/pais que contará coas seguintes actividades:

Este ano , como novidade, os nenos/as levarán os dorsais para casa o xoves 11 de abril. Os pais/nais que participedes nas actividades lúdico-deportivas deberedes traer os dorsais colocados dende casa.

9:10 – 9:25 Os/as pais/nais que asistan ás xornadas deberán seguir as instrucións dos profesores encargados do aparcadoiro e deixar os coches debidamente estacionados, evitando atascos innecesarios. Deixaremos libre un carril de circulación para os servizos de comedor e mensaxería.

Todos os pais/nais que cheguen fóra deste horario poderán acceder ao centro, deixando o coche fóra do recinto escolar.

9:30    Os pais/nais poderán ver unha exposición de traballos de Educación Física, así como as fotos de recordo das anteriores edicións destas xornadas.

9:55    Actividades deportivas dos nenos de Educación Infantil e Educación Primaria, e os seus pais/nais, titores/as.

            Os/as alumnos/as de Educación Infantil, e 1º e 2º de Ed. Primaria, despois dos xogos cos seus pais/nais, baixarán ao patio co seu mestre, onde seguirán realizando actividades deportivas e xogos tradicionais para eles.

Os/as alumnos/as de 1º e 2º de ESO recibirán unha charla co adestrador da selección española de Ximnasia Acrobática, Jorge Méndez.

11:15 – 12:00 Merenda saudable e sesión de zumba para todos no patio.

12:00 No Pavillón, charla – coloquio, para pais e alumnos, de Javier Luque, policía local e fundador de “Discamino”

13:30 Realizaremos unha diver-carrera arredor do colexio.

Durante estas xornadas non estará permitido o uso do teléfono móbil nin cámaras, xa que é unha norma do centro, e sería un mal exemplo para o alumnado. Na páxina web do centro estarán as fotos realizadas durante toda esta xornada.

Este día é imprescindible que todos os alumnos/as traian o chándal e a camiseta do colexio e os pais que participan nos xogos ou na diver-carrera, roupa deportiva e cómoda para facer exercicio.

Lembrade que son xornadas deportivas, pero non COMPETITIVAS, pensadas para desfrutar xuntos, e transmitirlles aos rapaces valores como a cooperación, esforzo e tolerancia.

 

Estimadas familias:

Queremos informarvos que o vindeiro 29 de marzo ás 20:30h celebraremos, no Pavillón Municipal, o VI Desfile de Moda que ten como finalidade recadar fondos para a Viaxe de Fin de curso dos alumnos/as de 3º e 4º da ESO

Como todos os anos, ademais dos pases de moda de tendas do comercio local, contaremos con actuacións de Baile e Playback, e fantásticos sorteos.

Si queredes asistir podedes comprar as entradas anticipadamente na secretaría do Colexio ou aos propios alumnos, ou no mesmo día na taquilla (Prezo anticipado 3,50€ e prezo en taquilla 4,00€)

Cartel desfile 2019 WhatsApp Image 2019-03-26 at 20.45.29

 

 

 

 

   

 

 

 

Estimadas familias:

Lembrámoslles que o venres, 1 de marzo, imos celebrar o Entroido a nivel interno como todos os anos. A temática para esta celebración son as figuras do entroido tradicional de Galicia. Animádevos a participar na nosa festa e podedes vir disfrazados de pantallas, peliqueiros, madamas, galáns, cigarróns, xenerais,...

Como todos os anos, ao longo da semana, traeremos os seguintes complementos:

    • Luns 25 de febreiro: unha garabata ou lazo
    • Martes 26 de febreiro: uns lentes
    • Mércores 27 de febreiro: un gorro ou similar
  • Xoves 28 de febreiro: zapatos diferentes

Durante esta xornada escolar haberá unha entrega de premios aos disfraces máis orixinais e artesanais facendo especial atención á temática deste ano, baile, xogos e unha degustación de postres típicos destas datas para acompañar a merenda de tódolos días.

Deberán traer igualmente merenda, porque a degustación será a última hora da xornada e tamén se manterá o servizo de venta de bocadillos dos alumnos de ESO.

Lembrámoslles que as clases darán comezo o vindeiro día 7de marzo; desexamos pasedes un bo entroido.                    

           

Estimadas familias:

Pola presente informámoslles que o vindeiro martes 26 de febreiro, os alumnos/as de 1º e 2º de Ed. Primaria realizarán unha saída ao Parque Zoolóxico de A Madroa en horario de mañá.

O prezo da actividade é de 2,00 €, que deberán ser entregados á titora como último día o venres 22 de febreiro.

Teñen que vir vestidos co chándal e a camiseta do colexio.

Queridas familias:

O vindeiro mércores día 30, celebrarase o Día Escolar da Paz, a nivel interno, coas seguintes actividades:

  • Breve actuación musical.

  • A Directora do Centro dirixirá unhas palabras e dará paso aos distintos actos.

  • Recitado de poemas que realizaron @s alumn@s do centro.

  • Todos xuntos cantaremos a canción “Aleluya” de Leonard Cohen.

  • Solta de pombas, se ese día chove substituirase por un minuto de silencio.

  • Palabras de despedida e fin do acto.

  • A continuación o alumnado de 5º, 6º e 1º ESO asistirán, na aula de exames, a unha conferencia do delegado en Vigo de “ Entre culturas”, que os achegará á realidade que viven na actualidade os refuxiados que foxen da violencia e das guerras.

                                                  

 

Os alumnos/as de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de EP, e 1º de ESO acudirán o vindeiro mércores 16 de xaneiro a un Campionato Zonal Escolar de Campo a Través da Comarca de Vigo, organizado polo Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia. Este campionato está dentro da programación do XOGADE.

Tódolos nenos/as deberán levar o chándal e a camiseta do colexio. Tamén levarán o pantalón curto ou mallas por debaixo, e tenis axeitados para correr.

Nunha bolsa/mochila pequena levarán unha camiseta de recambio e unha botella de auga xunto coa merenda que traerán da casa (Ese día quedará suspendido o servizo de merendas para os alumnos/as que participan no campionato)

  • O vindeiro xoves 20 de decembro ás 17:00 horas, celebrarase o festival de Nadal para pais, no pavillón do colexio.

     Actuarán os/as alumnos/as de Educación Infantil e Educación Primaria, contando coa colaboración especial de 2º da ESO.

     Os alumnos/as participantes, deberán chegar ao centro ás 16:30 horas, incorporándose as súas aulas, pola porta que o fan habitualmente.

     Por motivos de espazo, os nenos/as permanecerá nas aulas realizando actividades lúdicas co seu titor/a. Soamente estarán no pavillón no momento da súa actuación.

     Unha vez rematado o festival recollerán aos alumnos/as ordenadamente do seguinte xeito:

EI, 1º e 2º de EP polas súas clases

3º a 6º de EP polo porche do pavillón.

Por último, sinalar que a zona do aparcadoiro é limitada. Pregámoslles a todos/as, MÁXIMA PRECAUCIÓN na circulación dentro do recinto.

Estimadas familias:

Do 10 ao 14 de decembro farase unha recollida de alimentos non perecedoiros para Cáritas e SOS Porriño, en solidariedade con aquelas familias que atravesan unha mala situación económica.

O mércores día 19 o alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º Educación Primaria terán a tradicional “Merendola”. Estes alumnos/as deberán traer un produto (galletas, froitos secos, turrón...) para compartir cos seus compañeiros e unha bebida.

O xoves día 20 celebraremos, en horario de mañá e para todo o alumnado do Centro, o Festival de Nadal (O Festival para os pais celebrarémolo pola tarde). Os/as alumnos/as virán coa vestimenta indicada para o festival pero sen maquillar. Ao finalizar o festival haberá reparto de caramelos por parte das SSMM os Reis Magos de Oriente.

Nesta xornada o centro agasallará a todos os/as alumnos/as cun chocolate con churros.

Ademais recibiremos a visita de “Papá Noel”.

Nesta xornada non haberá actividades extraescolares.

O venres día 21 o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º Educación Primaria terán a tradicional “Merendola”. Estes alumnos/as deberán traer un produto (galletas, froitos secos, turrón...) para compartir cos seus compañeiros e unha bebida.

Os/as alumnos/as de 1º e 2º ESO terán tamén a “Merendola”.

Os alumnos/as de 3º e 4º da ESO, celebrarán a súa “Festa de Fin de Ano” onde virán vestidos para a ocasión e desfrutarán da degustación de aperitivos e as tradicionais “campanadas”. Deberán traer cada un 12 uvas ou lacasitos, conguitos, gominolas... (o que cada un desexe para celebrar xuntos as campanadas.

Lembrarlles que este día non haberá servizo de comedor, nin servizo de merendas, nin actividades extraescolares.

Entregarase os/as alumnos/as o boletín de notas correspondente a este 1º trimestre.

O martes 8 de xaneiro incorporarémonos ás clases.

Queremos agradecer a continúa colaboración na recollida de tapóns de plástico, que está a levar a cabo a FUNDACIÓN SEUR, a que grazas a colaboración das familias e a ilusión dos nenos por colaborar, continuamos xuntando tapóns solidarios

Bo Nadal e mellor Ano.

 

OPERACIÓN “KILOS DE SOLIDARIEDADE”     

Por décimo ano consecutivo realizamos a recollida de alimentos para as familias da zona con escasos recursos e que serán repartidos entre Cáritas e o Banco de Alimento do Porriño.

Este ano pídese especialmente leite, azucre, cacao soluble, aceite e conservas de pescado e carne, ademais dos produtos habituais non perecedoiros (arroz, lentellas, pasta,…). A maiores tamén son necesarios produtos de aseo persoal: xel, champú, pasta de dentes, compresas, cueiros (pañales)...

Poderán ser entregados na semana do 10 ao 14 de decembro.

Cremos que esta é unha forma de concienciar aos nenos/as da situación desfavorecida que padecen moitas familias do noso entorno. Con este pequeno xesto os rapaces/as aprenden a compartir e a valorar o que teñen, á vez que contribúen a aliviar un pouco a precariedade na que viven moitas persoas.

Sen máis, agradecemos por anticipado a súa colaboración solidaria.

Dende a Comisión do Nadal queremos pedir a vosa colaboración para contribuír na creación dun entorno o máis navideño e acolledor posible nestas festas.

Gustaríanos que aquelas familias que o desexen contribúan na realización dos seguintes adornos navideños, que serán expostos por todo o colexio.

EI3, EI4 e EI5: Calcetíns adornados con motivos navideños

1º e 2º EP: Estrelas de Nadal para poder colgar.

3º e 4º EP: Zapatos decorados con motivos navideños.

5º e 6º EP: Decorar unha caixa coma se fose un regalo navideño

Os materiais utilizados, técnicas ou tamaños quedan á vosa elección

O prazo de entrega máximo será o luns 10 de decembro.

Moitas grazas e felices festas