Imagen2

Imagen40

Extraescolares

extras

Campamento

Imagen60

Contido Xeral

Contido Xeral (74)

Pola presente informámosvos que o vindeiro venres,7 de abril, levaremos a cabo no noso centro as XIV Xornadas “Día da Saúde”, coa celebración de actividades lúdico-deportivas, así como dunha MERENDA SAUDABLE na hora do recreo. Estas serán proporcionadas polo centro e sufragados os gastos pola ANPA. Neste día o alumnado non debe traer merenda da casa e ademais suspéndese o servizo de merendas dos alumnos/as do centro.

Como sabedes é unha xornada de Portas Abertas para as/os nais/pais que contará coas seguintes actividades:

9:10 – 9:25   Os/as pais/nais que asistan ás xornadas deberán seguir as instrucións dos profesores encargados do aparcadoiro e deixar os coches debidamente estacionados, evitando atascos innecesarios. Deixaremos libre un carril de circulación para os servizos de comedor e mensaxería.

Todos os pais/nais que cheguen fóra deste horario poderán acceder ao centro, deixando o coche fóra do recinto escolar.

9:30    Os pais/nais poderán ver unha exposición de récords históricos do alumnado do colexio, dende o 2002 ata 2017, ademais duns traballos de Educación Física.

9:55    Actividades deportivas dos nenos de Educación Infantil e Educación Primaria, e os seus pais/nais, titores/as.

Os/as alumnos/as de Educación Infantil, despois dos xogos cos seus pais/nais, baixarán ao patio onde seguirán realizando actividades deportivas e xogos tradicionais para eles.

            11:15 – 12:00           Merenda saudable para todos no patio.

12:00 – 12:15           Exhibición do Clube de Esgrima de Vigo, no pavillón.

12:15 – 12:45           Charla – coloquio das deportistas que integran o equipo Godoy Maceira do Club Balonmán Porriño, equipo que participa na División de Honra “Liga loterías”, máxima categoría do balonmán feminino a nivel nacional.

            12:45 – 13:00           Xogos entre pais e xogos de profes / alumnos

            13:00 – 13:30           Partido de baloncesto profes e alumnos, e fin da Xornada.

Durante estas xornadas non estará permitido o uso do teléfono móbil nin cámaras, xa que é unha norma do centro, e sería un mal exemplo para o alumnado. Na páxina web do centro estarán as fotos realizadas durante toda esta xornada.

Este día é imprescindible que todos os alumnos/as traian o chándal e a camiseta do colexio e os pais que participan nos xogos roupa deportiva e cómoda para facer exercicio.

Lembrade que son xornadas deportivas, pero non COMPETITIVAS, pensadas para desfrutar xuntos, e transmitirlles aos rapaces valores como a cooperación, esforzo e tolerancia.

Grazas a todos por participar.

Estimadas familias:

Mañá martes, día 21 de marzo, os/as alumnos/as de 1º a 4º de ESO, asistirán a uns obradoiros co gallo da campaña promovida pola Consellería de Medio Ambiente baixo o lema “Oportunidades Galicia – Separemos ben, reciclemos mellor”, que conta coa colaboración de Sogama e Ecoembes.

Estimados /as pais e nais:

O venres, 24 de febreiro, imos celebrar, a nivel interno, e como todos os anos o Entroido. A temática para esta celebración é o mundo do cine. Animádevos a participar na nosa festa, podedes vir disfrazados de personaxes cinematográficos ou disfraces comúns orientados ou relacionados cun xénero ou película.

Como todos os anos, ao longo da semana, traeremos os seguintes complementos:

    • Luns 20 febreiro: unha garavata de lazo (pajarita)
    • Martes 21 febreiro: uns lentes
    • Mércores 22 febreiro: unha diadema.
  • Xoves 23 febreiro: un gorro ou similar

Durante esta xornada escolar haberá unha entrega de premios aos disfraces máis orixinais e artesanais, baile e unha degustación de postres típicos destas datas para acompañar a merenda de tódolos días.

Lembrámoslles que as clases darán comezo o vindeiro día 2 de marzo e desexamos pasen un bo entroido.                    

Reciban un cordial saúdo.

                                                                                              Comisión de Entroido

O vindeiro luns día 30, celebrarase o Día Internacional da Paz, a nivel interno, coas seguintes actividades:

  • O alumno Roi de 4º ESO interpretará unha peza musical con gaita

  • Os/as alumnos/as de 2º ESO, lerán un manifesto pola Paz para o resto dos seus compañeiros.

  • Os/as alumnos/as de primaria farán lectura duns poemas acompañados pola alumna Araceli de 5º EP ao piano.

  • Minuto de silencio que todos secundaremos, en favor da PAZ.

  • Os membros dunha asociación Colombófila que colaboran con nós dende fai varios anos, realizarán unha solta de pombas como símbolo de celebración do Día Internacional da Paz

    O martes 31 pola tarde, para todos os/as alumnos/as da ESO, asistirán a unha conferencia que os acercará á realidade que viven na actualidade os refuxiados que foxen da violencia e das guerras a cargo de José L. Barreiro, periodista e representante da ONG “Entreculturas”, e Foad Alawi, oftalmólogo sirio afincado en Vigo.

Dende a Comisión do Nadal queremos pedir a vosa colaboración para contribuír na creación dun entorno o máis navideño e acolledor posible nestas festas.

Gustaríanos que aquelas familias que o desexen contribúan na realización dos seguintes adornos navideños, que serán expostos por todo o colexio.

EI3, EI4 e EI5: Decorar un zapato / bota/ zapatilla vella con motivos navideños.

1º e 2º EP: Árbores de nadal con material de refugallo e outros...

3º e 4º EP: Decorar unha caixa coma se fose un regalo navideño

5º e 6º EP: Decorar un zapato / bota/ zapatilla vella con motivos navideños.

O prazo de entrega máximo será o luns 12 de decembro.

Moitas grazas e felices festas

Estimadas familias:

Do 12 ao 16 de decembro farase unha recollida de alimentos non perecedoiros para Cáritas e SOS Porriño, en solidariedade con aquelas familias que atravesan unha mala situación económica.

O luns día 19 o alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º Educación Primaria terán a tradicional “Merendola”. Estes alumnos/as deberán traer un produto (galletas, froitos secos, turrón...) para compartir cos seus compañeiros e unha bebida.

Ademais os alumnos do 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, terán un obradoiro de elaboración de comics.

Os alumnos de 3º e 4º ESO recibirán unha charla a cargo de Juan Lamas, psicólogo de Agaja. A temática é a prevención de condutas de xogo on line, apostas deportivas e ludopatías relacionadas coas novas tecnoloxías.

O martes día 20 recibiremos a visita do “Duende Real”, polo que os rapaces/as de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria que o desexen poderán entregar as súas cartas para os Reis.

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e de 1º e 2º ESO terán tamén a “merendola”.

Os alumnos/as de 3º e 4º da ESO, celebrarán a súa “Festa de Fin de Ano” onde virán vestidos para a ocasión e desfrutarán da degustación de aperitivos e as tradicionais “campanadas”. Deberán traer cada un 12 uvas ou lacasitos, conguitos, gominolas... (o que cada un desexe para celebrar xuntos as campanadas.

O mércores día 21 celebraremos, en horario de mañá e para todo o alumnado do Centro, o Festival de Nadal ( O Festival para os pais celebrarémolo pola tarde). É necesario que os/as alumnos/as veñan coa vestimenta indicada para o festival (sen maquillaxe), ... Ao finalizar o festival haberá reparto de caramelos por parte das SSMM os Reis Magos de Oriente.

Nesta xornada o centro agasallará a todos os alumnos/as cun chocolate con churros.

Lembrarlles que este día non haberá servizo de comedor, nin servizo de merendas, nin actividades extraescolares. O luns 9 de xaneiro incorporarémonos ás clases.

Queremos agradecer a continúa colaboración na recollida de tapóns de plástico, que está a levar a cabo a FUNDACIÓN SEUR, a que grazas a colaboración das familias e a ilusión dos nenos por colaborar, continuamos xuntando tapóns solidarios

Bo Nadal e mellor Ano.

Un saúdo

                                                                      Comisión do Nadal

OPERACIÓN “KILOS DE SOLIDARIEDADE”     

Por oitavo ano consecutivo realizamos a recollida de alimentos para as familias da zona con escasos recursos e que serán repartidos entre Cáritas e o Banco de Alimento do Porriño.

Este ano pídese especialmente leite, azucre, cacao soluble, aceite e conservas de pescado e carne, ademais dos produtos habituais non perecedoiros (arroz, lentellas, pasta,…). A maiores tamén son necesarios produtos de aseo persoal: xel, champú, pasta de dentes,....

Poderán ser entregados na semana do 12 ao 16 de decembro.

Cremos que esta é unha forma de concienciar aos nenos/as da situación desfavorecida que padecen moitas familias do noso entorno. Con este pequeno xesto os rapaces/as aprenden a compartir e a valorar o que teñen, á vez que contribúen a aliviar un pouco a precariedade na que viven moitas persoas.

Sen máis, agradecemos por anticipado a súa colaboración solidaria.

O vindeiro mércores 21 de decembro ás 17:00 horas, celebrarase o festival de Nadal para pais, no pavillón do colexio.

Actuarán os/as alumnos/as de Educación Infantil, Educación Primaria e 1º da ESO, contando coa colaboración especial de 2º da ESO.

Os alumnos/as participantes, deberán chegar ao centro ás 16:30 horas, incorporándose as súas aulas, pola porta que o fan habitualmente.

Por motivos de espazo, os nenos/as permanecerá nas aulas realizando actividades lúdicas co seu titor/a. Soamente estarán no pavillón no momento da súa actuación.

Unha vez rematado o festival recollerán aos alumnos/as ordenadamente polo “porche de pequenos” dende EI 3 ata 6º de EP.

Por último, sinalar que a zona do aparcadoiro é limitada. Pregámoslles a todos/as, MÁXIMA PRECAUCIÓN na circulación dentro do recinto.

Pola presente informámoslles que o vindeiro xoves 1 de decembro, os alumnos/as de 4º de Ed. Infantil (3 anos) terán unha saída ao Parque de bolas no Porriño en horario de mañá.

O prezo da actividade é de 4,00 €, que será entregado á titora antes do 29 de novembro.

Teñen que vir vestidos co chándal e a camiseta do colexio.