Imagen2

Imagen40

Extraescolares

extras

Campamento

Imagen60

Contido Xeral

Contido Xeral (74)

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR E CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

CURSO 2016-2017

De conformidade co establecido na Resolución do 26 de setembro de 2016 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Ordenación de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (DOG 4 outubro de 2016), realizarase proximamente neste centro a renovación parcial do Consello Escolar que é o instrumento de participación na vida escolar de tódolos sectores educativos do Colexio.

Segundo o artigo 2 da citada Resolución a elección dos representantes dos distintos sectores da Comunidade Educativa no Consello Escolar celebrarase entre o 23 e 29 de novembro, ambos os dous incluídos.

A organización e supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá o día 3 de novembro, e estará integrada por:

  • - Directora do Centro

  • - 1 profesor/a

  • - 1 pai ou nai, titor ou titora legal

  • - 1 representante do persoal administrativo

    Os tres últimos designados por sorteo, segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988 do 28 de abril. Dito sorteo, no que se preverá a designación dos membros suplentes, celebrarase no centro o ventres 28 de outubro ás 9:30 h.

    Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar a súa candidatura, para formar parte do novo Consello Escolar, deberán seguir as instrucións que figuran nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

    Animámolos a participar na vida escolar do centro e así contribuír a un mellor funcionamento do mesmo.

Pola presente informámosvos que o vindeiro martes 20 de setembro, ás 20:15 horas, realizaremos unha reunión informativa de inicio de curso de 3º e 4º ESO.

Contamos coa vosa asistencia.

Pola presente informámosvos que o vindeiro mércores 21 de setembro, ás 19:30 horas, realizaremos unha reunión informativa de inicio de curso de 1º e 2º ESO.

Contamos coa vosa asistencia.

 

IniciarPrevio123456SiguienteFin
Página 6 de 6