Instalacións

Imagen11

Imagen2

Imagen40

Extraescolares

extras

Campamento

Imagen60

Reserva e Matrícula

NORMATIVA REGULADORA DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN:

 

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG Núm. 53, venres, 15 de marzo de 2013)

ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG Núm. 22, mércores, 1 de febreiro de 2017)

 

Para visualizar pinchar aquí.

 

 

POSTOS ESCOLARES OFERTADOS PARA O CURSO 2019/20  
           
CURSO RATIO ALUMNOS PRAZAS DISPOÑIBLES
CENTRO SEN N.E.E. N.E.E. TOTAL
EI 3 25 0 22 3 25
EI 4 25 25 0 0 0
EI 5 25 25 0 0 0
1 EP 25 24 0 1 1
2 EP 25 25 0 0 0
3 EP 25 25 0 0 0
4 EP 25 25 0 0 0
5 EP 25 24 1 0 1
6 EP 25 25 0 0 0
1 ESO 30 25 2 3 5
2 ESO 30 30 0 0 0
3 ESO 30 23 7 0 7
4 ESO 30 32 0 0 0

 

 

NOTA INFORMATIVA:

 

 

1. Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

2. O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunícalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

3. O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión

 

RESERVA DE PLAZA EN CENTRO ADSCRITO:

- 1 ao 15 febreiro (Anexo I, Orde do 25 de xaneiro de 2017)

PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN:

- 1 ao 20 de marzo: (Anexo II, Orde do 25 de xaneiro de 2017) "Lembre que só poderá presentar a solicitude nun único centro"

- 22 de marzo ao 3 de abril: Presentación de documentación para aplicación dos criterios de baremo.

- Antes do 25 de abril: Publicación das listaxes provisionais de admitidos.

- Antes do 15 de maio: Publicación das listaxes definitivas de admitidos.


FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA:

- 20 ao 30 xuño: Educación Infantil e Primaria.

- 25 xuño ao 10 xullo: Educación Secundaria Obligatoria.

- 1 ao 10 setembro: Prazo extraordinario para Educación Secundaria Obligatoria.

DOCUMENTACIÓN A APORTAR:

 

Para admisión:

- Impreso da solicitude (Anexo II, Orde 25 de xaneiro de 2017)
- Fotocopia DNI do alumno (no caso de telo) e dos proxenitores, e fotocopia do Libro de Familia

- No caso de separación/divorcio, fotocopia da sentencia que adxudica a tutela

- Certificado de matrícula que poña o nivel estudiado no curso académico 2018/2019.

 

A solicitude de admisión será única e poderá presentarse de forma presencial na secretaría do centro, ou de forma electrónica a través da aplicación admisionalumnado.


Para posible baremación:

 

Cando a demanda de prazas escolares sexa superior á oferta, o centro abrirá un prazo  para presentar, de forma presencial no centro, a documentación xustificativa dos criterios xerais de admisión alegados pola persoa solicitante.

Non obstante, no caso de que a persoa o autorizase expresamente na solicitude, consultarase de forma automática a traves de admisionalumnado e non será necesario acreditar os datos relativos a:

  • * Domicilio fiscal e renda per cápita da unidade familiar
  • * Condición de familia numerosa
  • * Discapacidade do alumnado, proxenitores, titores ou irmáns recoñecida pola Xunta de Galicia.

- IRMÁNS MATRICULADOS NO CENTRO: Fotocopia completa do Libro de Familia (Páxinas escritas)
- NAI/PAI/TITORA/TITOR QUE TRABALLE NO CENTRO EDUCATIVO: A acreditación deste criterio realizarase polo propio centro, incorporando ao expediente a documentación que proceda

- PROXIMIDADE DO CENTRO AO DOMICILIO FAMILIAR OU LUGAR DE TRABALLO: Certificado Padrón Municipal ou certificado expedido polo titular da empresa xunto cunha copia do contrato de traballo
- RENTA FAMILIAR: Cubrir Anexo II co importe total das casillas base impoñible xeral (415)+ base impoñible de aforro (435) da declaración que corresponda ao exercicio fiscal anterior en dous anos ao ano natural no que se presenta a solicitude, dividido entre o número de membros da unidade familiar
- FAMILIA NUMEROSA: Fotocopa do Título de Familia Numerosa en vigor

- FAMILIA MONOPARENTAL: Certificación de recoñecemento da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia ou pola autoridade competente doutras administracións públicas. 

- DISCAPACIDADE: Certificado de minusvalía en vigor do/a alumno/a, irmán/á ou pai/nai/superior ao 33%

- CRITERIO COMPLEMENTARIO APROBADO POLO CONSELLO ESCOLAR (familiares de persoas que forman ou teñan formado parte da comunidade educativa do centro ata cuarto grao): Certificado do centro, titulación académica ou libros de familia segundo sexa necesario en cada caso

Para matrícula:
- Fotocopias DNI pais
- Fotocopia Libro de Familia
- Foto Carnet do alumno/a
- Código conta bancaria
- Certificado escolarización (primaria e secundaria) *

* SI PROCEDE

CRITERIOS DE BAREMACIÓN:

Cando o número de solicitudes de admisión é superior ao número de prazas ofertadas como vacantes polo centro, deberán ser baremadas tendo en conta os seguintes criterios:

 

IRMÁNS NO CENTRO

Un irmán: 8 puntos

Seguintes: 2 puntos cada un

 

TRABALLADOR DO CENTRO: 3 puntos

 

PROXIMIDADE DOMICILIO FAMILIAR
Área de influencia: 6 puntos
Limítrofes: 3 puntos


PROXIMIDADE LUGAR DE TRABALLO
Área de influencia: 4 puntos
Limítrofes: 2 puntos


RENDA ANUAL
Iguais o inferiores ao IPREM: 3 puntos
Inferiores ao duplo do IPREM: 2 puntos
Inferiores ao tripo do IPREM: 1 puntos

Igual ou superior ao IPREM: 0 puntos

 

FAMILIA NUMEROSA

De categoría especial: 3 puntos

De categoría xeral: 2 puntos

 

FAMILIA MONOPARENTAL: 2 puntos

 

DISCAPACIDADE
Do alumno: 4 puntos
Do pai / nai / titor: 3 puntos
Irmáns: 1 punto cada un

 

CRITERIO COMPLEMENTARIO: 1 punto

 

 

ADSCRICIÓN:

 

 

O CPR Santo Tomás é un centro adscrito ao IES Ribeira do Louro, de acordo coa resolución da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de data 18 de marzo de 2014.

 

 

AREA DE INFLUENCIA E ÁREAS LIMÍTROFES:

 

 

 

A área de influencia de influencia do CPR Santo Tomás abrangue a parroquia de San Salvador de Torneiros ata a vía do tren cara o casco urbano e delimitada pola estrada PO-331 (O Porriño - Gondomar) incluíndo os barrios de A Relva, A Florida, A Mota, O Contrasto e A Abeleira... e delimitada polo ruta de transporte escolar establecida na actualidade.

 

Por outra banda está formada cos límites establecidos polos POLÍGONOS 1, 2 e 5 da parroquia de San Rosendo de Torneiros.

 

Para ver o mapa de influencia pinchar aquí.