Instalacións

Imagen11

Imagen2

Imagen40

Extraescolares

extras

Campamento

Imagen60

Animación á lectura

ACTIVIDADES PROPOSTAS NO PLAN LECTOR

A comisión formada por un equipo de profesores do centro, tendo en conta os obxectivos xerais que especifica a normativa de educación con respecto ao Plan de Lectura Xeral, acordou realizar as seguintes actividades para o presente curso académico:

a) Dedicar os primeiros dez minutos ao inicio da clase para lectura individual e silenciosa. Os alumnos poderán utilizar material do centro ou traer da casa (libros, revistas, cómics, etc.)

b) Utilizar unha hora semanal para a lectura e comprensión en grupo.

c) Realización dun concurso chamado "A Olimpiada do Saber", que consiste na resolución de diversas cuestións de cultura xeral dirixidas ao alumnado de 3º de primaria a 4º da ESO que deberán tentar solucionar ao longo da semana.

d) Proxecto en colaboración có xornal A voz de Galicia que cada martes fainos chegar un xornal para cada alumno,dende 5ºde E.P. ata 4º de E.S.O. no que trballamos ao longo da xornada nas diferentes áreas.