Instalacións

Imagen11

Imagen2

Imagen40

Extraescolares

extras

Campamento

Imagen60

Historia

Cando facemos alusión ao Colexio Santo Tomás, non hai ningúen en O Porriño, que por uns motivos ou outros, non teña algunha referencia del.

Este Centro comezou a funcionar con esta denominación no curso 1981/1982 xa que con anterioridade as súas instalacións acolleron diferentes centros de ensino. Ata o ano 1929, e na rúa Fernández Areal, 2 de O Porriño, funcionou como Escola Nacional Unitaria de nenas, momento en que desaparecen as unitarias e se inauguraron as Escolas Graduadas.

A partir de 1957, reanúdase, nestas mesmas instalacións, a actividade docente doutro centro educativo, o Colexio “Dulce Nombre de Jesús” que funcionou durante aproximadamente unha década baixo a dirección de D. José Carlos Maquieira Iglesias que chegou a constituirse en Patronato sendo o seu responsable contable D. Laureano Leirós Rodríguez.

Con posterioridade o Centro pasou a denominarse “Colegio Academia Santo Tomás” xa que nel se impartían ensino básico, clases para preparación de Bacharelato por libre, Administrativo, … A titularidade deste centro ostentábaa Dª Mª de los Ángeles Mompó Carreero, si ben a dirección pedagóxica estaba a cargo de D. Manuel Suárez Serantes para pasar a ser substituído por D. José Magadán Serantes. No curso 1974/1975 xa se impartían todos os niveis oficiais da EXB. Ata o curso 1980/1981 o centro era totalmente privado.

No curso 1981/1982, debido a diferentes circunstancias, os profesores vímonos na necesidade de constituir unha cooperativa de traballo asociado para poder continuar desenvolvendo a labor educativa. Ante a baixa de D. José Magadán Serantes, pasa a ocupar o cargo de directora Dª Mª del Carmen Méndez Souto, que pasou a ser substituida por Dª Mª Carmen Domínguez Ramírez e como representante da Cooperativa, D. Federico Ramírez Pérez.

Foi a partir de aquí cando deu comezo a nosa andaina. Había moito traballo por facer, moita ilusión, e unhas instalacións que urxía mellorar, por iso centramos todos os nosos esforzos na construcción dun novo edificio que albergara o noso proxecto educativo.

Non podemos esquecernos de todos os alumnos, pais e autoridades, que nos apoiaron nestes comezos e nos brindaron a súa colaboración, a súa comprensión, o seu interese,…; sin eles, todo o que hoxe somos non sería unha realidade.

Foi pouco a pouco como chegamos á actualidade, contando con 3 unidades de Ed. Infantil, 6 unidades de Ed. Primaria, 4 unidades de ESO e 1 unidade de Ed. Especial, todas elas concertadas.

Dos 10 profesores que iniciamos este proxecto, pasamos a ser en total de 28 persoas que traballan co único obxecto de participar de forma activa e proveitosa na educación dos nenos e nenas de O Porriño e os seus concellos limítrofes fomentando neles valores sociais como a tolerancia, o respecto, a cooperación, a solidaridade, …

Continuamos agradecendo a confianza que vostedes depositan en nos para poder participar con eles na educación dos seus fillos e fillas.

O resultado final deste traballo é o que a continuación lles presentamos.