O Consello Escolar do Centro é o órgano colexiado do mesmo, a través do cal os elementos da Comunidade Educativa interveñen no control e xestión do Centro no marco do previsto na normativa vixente e de conformidade co establecido no presente Regulamento.
1º O Consello Escolar do Centro está constituido polos seguintes membros:
- A Directora.
- Tres representantes designados libremente polo Titular do Centro.
- Catro representantes do profesorado, elixidos polo Claustro de Profesores.
- Catro representantes dos pais/nais do alumnado, elixidos de entre todos/as e por todos/as.
- Dous representantes do alumnado, a partir de E.S.O., elixidos de entre todos/as os alumnos/as do nivel correspondente.
- Un representante do persoal da administración e servizos, elixido por dito persoal na reunión convocada ao efecto pola Directora do Centro.
2º. A elección dos distintos representantes efectuarase a través dun procedemento que garanta a publicidade e obxectividade do proceso electoral, así como o carácter persoal, directo, igual e secreto do voto dos membros da Comunidade Escolar.
3º. Ás deliberacións do Consello Escolar poderán asistir, con voz, pero sen voto, e sempre que sexan convocados pola Directora para informar sobre cuestións da súa competencia, os demais órganos unipersoais de goberno do Centro e outras persoas por razóns da súa especialidade.
4º Corresponde ao Consello Escolar do Centro:
- Intervir na designación e cese do/a Director/a, e na selección e despido do profesorado, de acordo co establecido no Regulamento Interior do Centro.
- Garantir o cumprimento das normas xerais sobre a admisión do alumnado.
- Resolver os asuntos de carácter grave plantexados no Centro en materia de disciplina de alumnos/as, que sexan sometidos á súa consideración pola Directora.
- Aprobar, a proposta do Titular, o presuposto do Centro, no que se refire tanto aos fondos procedentes da Administración, como ás cantidades autorizadas, así como á rendición anual das contas.
- Aprobar e avaliar a Programación Xeral Anual do Centro.
- Propoñer, no seu caso, á Administración, a través do Titular do Centro, a autorización para establecer percepcións complementarias dos pais/nais do alumnado con fins educativos extraescolares.
- Participar na aplicación da línea pedagóxica global do Centro e fixar as directrices para as actividades extraescolares.
- Elaborar as directrices para a programación e desenvolvemento das actividades complementarias, visitas e viaxes, comedores e colonias de verán, a proposta do Equipo Directivo do Centro.
- Establecer, de acordo coa Directora, os criterios sobre a participación do Centro nas actividades culturais, deportivas e recreativas, así como naquelas accións asistenciais ás que o Centro puidese prestar a súa colaboración.
- Propoñer o establecemento de relacións de colaboración con outros Centros, con fins culturais e educativos.
- Aprobar, a proposta do Titular, o Regulamento do Réxime Interior.
- Supervisar a marcha xeral do Centro nos aspectos administrativo e docente.
5º O Consello Escolar atendera na súa actuación, as seguintes normas do procedemento:
- O/A Director/a convocará e presidirá as súas sesións, concedendo e retirando a palabra, dirixindo os debates e ordenando, no seu caso, as votacións, nas que intervirá con voto de calidade, dirimindo os empates que, eventualmente, pudieran producirse.
- As convocatorias irán acompañadas da oportuna Orde do día, cuxa elaboración corresponderá ao Director/a. Cando algún membro do Consello desexe incluír algún asunto na Orde do día e porao por escrito en coñecemento do/a Director/a, quen resolverá o que considere máis oportuno, salvo que a petición veña avalada polas sinaturas de, polo menos, un tercio dos membros do Consello, en cuxo caso será necesariamente incluído.
- O Consello considerarase validamente constituído cando asistan ao mesmo polo menos a metade máis un dos seus membros.
- Os acordos do Consello serán adoptados por maioría dos membros presentes, salvo nos casos nos que a normativa vixente esixa maioría cualificada.
- Os representantes do alumnado non intervirán nos casos de designación e cese do/a Directo/a, nin nos despidos do profesorado.
- O Consello Escolar renovarase cada dous anos, sen perxuízo de que se cubran antes de dito término as vacantes que se produzan.
O Consello reunirase con carácter ordinario, ao menos, una vez ao trimestre durante o curso escolar, e con carácter extraordinario sempre que sexa convocado polo seu Presidente ou cando o soliciten, como mínimo, os dous terzos dos seus membros.