Instalacións

Imagen11

Imagen2

Imagen40

Extraescolares

extras

Campamento

Imagen60

Día da Saúde

Cada ano no colexio celebramos as  Xornadas  sobre o "Día da Saúde", cun día cheo de de actividades lúdico-deportivas onde participaran pais, nais e mestres. A idea destas xornadas é que os rapaces practiquen deporte cos seus compañeiros por medio dunha olimpiada baseada na participación e nunca na competitividade. Tamén tentamos sensibilizar ós nosos rapaces  para que adquiran hábitos de vida saudable (alimentación, hixiene, deporte, orde…), e onde o importante é o xogo limpo e a cooperación entre nenos/as.

O colexio en colaboración coa ANPA convida aos asistentes a unha merenda saudable.

Ao longo da mañá sempre temos a visita dalgún deportista salientable ou institución deportiva, que dará unha conferencia relativa a saúde e ao deporte.

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria monstran os traballos realizados durante o 1º e 2º trimestre na área de educación física , así como algunhas actividades que se propoñen dende a biblioteca escolar.

Posteriormente xógase un partido de baloncesto e outro de brilet entre mestres e alumnos de 4º da Eso no que destaca o "fairplay" por enriba do resultado, así como distintas actividades deportivas entre os pais e nais que desexen participar nesta xornada.

Para finalizar, faise entrega de diplomas acreditativos da xornada e dase a coñecer o resultado da competición entre os dous equipos, cun marcador ubicado na entrada principal do colexio.

Para ver como transcorren as xornadas só tedes que visitar a zona de Galería de fotos.