Instalacións

Imagen11

Imagen2

Imagen40

Extraescolares

extras

Campamento

Imagen60

Orientación

A comunicación cos nosos fillos e fillas 

 Como nos comunicamos cos nosos fillos/as? Podería axudarnos algunhas destas pautas? 

 Un novo curso acaba de empezar e con el , unha infinidade de obxectivos por acadar, pero lembrade que no camiño cara a eles , todos e todas formamos parte do mesmo proxecto educativo en beneficio da súa mellor educación.

Como xa sabedes temos un taller de comunicación en 3 anos e a partir deste curso tamén en 4 anos, porque consideramos que aprender a falar implica moito máis que aprender as palabras correctas , tamén unha boa articulación , unha correcta respiración , un bo razoamento... A fala correcta vaise obtendo por medio da imitación , e nós , pais / nais e profesores/as, somos o modelo. 

Por todo isto os suxerimos algunhas pautas para seguir enriquecendo as vosas conversas cos vosos fillos e fillas 

 

  • Falarlle o nen@ cada vez que sexa posible , sempre mirándolle á cara e poñéndose a súa altura , a vez que se lle amosa afecto e atención.  Para incentivar a comunicación no nen@ , lémbralle feitos ou anécdotas divertidas que viviu e lle agrada lembrar. 
  • Tamén podes planear cousas con el/ela , divírtelle moito facer plans. Dálle tempo para que conte o que fixo ou o que pensa, evitando facerlle excesivas preguntas e animándoo a falar en situacións de non tensión . 
  • Cando xoguedes co vos@ fill@, non debedes centrar a vosa atención en que este fale continuamente. As nosas emisións deben ser comentarios en voz alta , tanto para falar das nosas accións coma das que nese intre realice o nen@. Estas comentarios conseguirán que se dea comunicación verbal sen que o nen@ se sinta obrigado a falar , disminuíndo así o nivel de esixencia.
  • É importante que saibades “perder” tempo e non pretender que o voso fill@ fale correctamente á primeira . Leva o seu tempo. Se o seu fill@ persiste en pronunciar unha palabra de forma incorrecta , non o atosigue , pero lémbrelle – repetíndoa ben vostede_ como é correctamente e invitándoo/a a que a repita con vostede, sen obrigarlle a repetila máis de dous veces.
  • Vede contos e libros de imaxes , comentando con el/ela os sucesos e accións representadas.
  • Ensínalle a empregar , o seu fill@ , fórmulas de cortesía: “grazas”, “por favor”, “bos días”, “perdón” ..., en especial coas persoas máis próximas como irmáns/as, avós/as, tíos/as, veciños/as... É importante reforzar as condutas adecuadas e novas que faga o nen@ mediante aplausos, bicos, caricias, felicitacións ...
  • Ensínalle a respetar as quendas conversacionais na familia. Non vos adiantedes nin concluades nin as palabras nin as oracións que a el/ela lle custa dicir.
  • Verbaliza con el/ela todas as condutas : ó lavalo nómbralle as partes do corpo, o vestilo dille o nome da ropa, o comer... Desta maneira nestas actividades rutineiras axudámoslle a comprender e a empregar esas palabras.
  • Non pedirlle que conte algo ou que fale diante doutras persoas cando non desexa facelo.

 

Lembramos uns puntos moi importantes que axudan enormemente no gran proxecto que temos por conseguir: Un nen@ que aprenda a falar con eficacia e coherencia.

Evitar hábitos de succión: chupete e biberón . Estes dificultan moito os movementos linguais que son moi necesarios para a fala , porque van deformando a boca, funden o padal e deforman a dentición . Tamén favorecen o exceso de saliva e dificulta que o nen@ aprenda a tragar.

É importantísimo que leve unha dieta sólida para exercitar a masticación. Os cambios na alimentación son importantes , de líquido a moído, de moído a sólido. Substituir os alimentos sólidos por outros máis rápidos de dar e máis agradables , non sempre e o máis recomendable. A hora da alimentación require tempo e tranquilidade para ser realizado correctamente.

Non lle fale a berros , nin dende outro cuarto para que non teña que contestar berrando nin forzando a súa garganta. De nós depende o uso e abuso que fagan dás súas cordas vocais. Ensinémoslle a empregalas correctamente para que despois non sufra ningunha lesión nelas.

Tamén temos que ter en conta para o seu coidado: 

 

  • Non tomar cousas frías nin moi quentes.
  • Baixar o volumen da tele , radio..., para posibilitar unha conversa relaxada e sen esforzo.
  • Inspirar polo nariz.
  • Evitar cambios bruscos de temperaturas.

 

Esperamos que este conxunto de suxestións sexa ben acollido entre todos e todas vós , co único desexo de que as vosas conversas familiares sigan desenvolvendo cada día e mellorando. 

 Un saúdo a todos/as e grazas polo tempo empregado nesta lectura.