Instalacións

Imagen11

Imagen2

Imagen40

Extraescolares

extras

Campamento

Imagen60

Psicomotricidade

Metodoloxía

Ó longo do presente curso trataremos ante todo de comunicarlle ós alumnos/as unha ensinanza baseada na psicomotricidade, o xogo a expresión corporal tanto en sí mesmos como nos compañeiros. 

Farémolo aplicando a denominada escala EPP de avaliación da psicomotricidade na etapa da Educación Infantil.

Como novidade este ano, co departamento de orientación aplicamos dita “escala” para medir o grao de locomoción, equilibrio, coordinación das mans, pernas,brazos, así coma as distintas posicións que se poden adoptar.

En Abril celebraremos as xornadas do día da saude, no que se dividirán ós nenos en dous grandes grupos. 

Faremos un almorzó saudable no colexio e teremos a visita dun deportista o cal dará unha charla educativa e unhos consellos para tódol@s rapaces.

Coma tódolos anos académicos continuaremos co horario establecido para as sesións de 50 minutos dedicadas ós alumnos/as de, 4 e 5 anos. A programación establecida farémola bastante axeitada para dar todo o temario que temos previsto.

Destacaremos a participación e implicación por parte de tódolos alumnos/as.

Levaremos a cabo unha avaliación continua como forma válida de observar o progreso na aprendizaxe individualizada, tratando de axudar a aqueles que amosen algunha dificultade para asimilar aprendizaxes.

 Os resultados acadados polos alumnos/as recollerémolos nuns informes individualizados que serán entregados as súas titoras para ser incorporados ao espediente dos/as alumnos/as.