O vindeiro venres 20 de maio, dentro do horario lectivo, o alumnado de 6º de Ed. Primaria acudirá á Iª Xuntanza Literaria do Porriño no Parque Alba de Torneiros.
Neste encontro ao aire libre, no que colabora o Concello de Porriño, participarán nenos e nenas dos centros educativos da nosa contorna cos que compartiremos un rato de lectura e lecer.