O mércores 25 de maio os alumnos/as de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil (3, 4 e 5 anos) realizarán unha saída á granxa escola “El Kiriko”.
A hora prevista de chegada é ás 17:00 h. Rogamos puntualidade tanto na entrada como na recollida.
Deberán levar gorra, crema solar (xa posta de casa) e calzado cómodo e pechado (tenis ou zapatos). Non teñen que levar o chándal e a camiseta do centro, e non é preciso que leven mochila. Toda a roupa debe levar o nome do neno/a.