Imagen2

Imagen40

Extraescolares

extras

Campamento

Imagen60

Covid-19

      Covid-19

Usted está aquí:Inicio>Circulares

Estimadas familias:

O luns 21 de xuño, o alumnado de 3º de ESO, e o martes 22 de xuño, o alumnado de 4º de ESO terán unha saída a Baiona, para realizar unha ruta en kaiak e actividades deportivas na praia.

Os alumnos/as terán a oportunidade de practicar kaiak con monitores especializados (facilitaráselles as embarcacións, chalecos,...). 

A hora prevista de chegada é as 17:30h. Rogamos puntualidade tanto na entrada como na recollida.

 

Estimadas familias:

O luns 21 de xuño, o alumnado de 1º de ESO,  e o martes 22 de xuño o alumnado de 2º de ESO, terán unha saída á praia de Liméns, onde realizarán kaiak, windsurf e paddle surf.

Os alumnos/as terán a oportunidade de practicar ditas actividades con monitores especializados e facilitaráselles o material preciso para a realización das mesmas (embarcacións, chalecos,...)

A hora prevista de chegada é as 17:30h. Rogamos puntualidade tanto na entrada como na recollida.

 

O vindeiro xoves día 17 de xuño, os alumnos/as de 1º de Ed. Primaria terán unha saída a Castrelos, en horario de mañá.

Deberán levar a merenda nunha mochila pequena de espalda (non de rodas) e o kit covid.

Non teñen que vir vestidos co chándal e a camiseta do colexio.

xoves 17 de xuño, os alumnos/as de 2º de Educación Primaria terán unha saída a Baiona, en horario de mañá, onde visitarán o museo da “Casa de la Navegación” e a réplica da Carabela A Pinta.

Deberán levar a merenda nunha mochila pequena de espalda (non de rodas) e o kit covid.

Non teñen que vir vestidos co chándal e a camiseta do colexio.

Mañá martes día 8 de xuño os alumnos/as de 4º de Educación Primaria e 4º ESO recibirán un OBRADOIRO DE DRONES.

Esta actividade está financiada polo Concello de Porriño, e cumpre coas medidas de protección e prevención incluídas no Protocolo Educativo Covid-19.

O mércores 16 de xuño os alumnos/as de 4º de Educación Primaria farán unha saída ao Ecoparque Atalaia, onde realizarán varios xogos de habilidade e forza (dificultade media-baixa) como rocódromo, túnel elástico, aros colgantes, futbolín humano e tirolina

Deberán levar a merenda e o kit covid nunha pequena mochila.

Teñen que vir vestidos con roupa e calzado deportivo, pero non é preciso que sexa o chándal e camiseta do colexio

Saíu publicada a Orde do 6 de maio de 2021 regula a participación no fondo solidario de libros de texto e convoca axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Ed. Primaria, Ed. Secundaria Obrigatoria e Educación Especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/2022 (DOG de 20 de maio de 2021) (Códido de procedemento ED330B).

O prazo de solicitude remata o 22 de xuño (incluído). Lembren que a persoa solicitante debe ser o pai/nai, e a solicitude (Anexo I e II) debe vir acompañada da copia do libro de familia, e debidamente asinada.

Ademais da presentación presencial no centro, igual que no curso anterior, os cidadáns poderán realizar a solicitude accedendo á aplicación Fondolibros e unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán presentala no centro ou na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

O vindeiro mércores 26 de maio os alumnos/as de 2º ESO B, 3º ESO e 4º ESO deberán traer a bici ao centro para participar nunha actividade de duatlon durante a sesión de Educación Física.

Moitas gracias pola súa colaboración.Estimadas 

O venres 28 de maio deberán traer a bicileta  para realizar dita actividade os alumnos/as de 1º ESO A, 1º ESO B e 2º ESO A .

O vindeiro mércores 26 de maio os alumnos/as de 4º ESO (matriculados en Bioloxía) participarán no obradoiro on line “Microbioloxía para entender o mundo” organizado por Galiciencia.

Seralles entregado un “kit” individual para realizar unha actividade manipulativa durante a conexión.

Esta actividade cumpre coas medidas de protección e prevención incluídas no Protocolo Educativo Covid-19.

O vindeiro martes 25 de maio os alumnos/as de 4º ESO participarán na actividade “MENTORING para Adolescentes” obradoiro sobre novas profesións “Pensando no meu futuro”

Esta actividade está financiada polo Concello de Porriño, e cumpre coas medidas de protección e prevención incluídas no Protocolo Educativo Covid-19.

Página 1 de 15